UN DÍA ESPECIAL
Feliz aniversario Carol! Desexamos que sigas sendo así de alegre, con esa personalidade propia que te caracteriza, entusiasta e valente.
Bo nadal a todos e todas!! Coidádevos e desfrutade moito dos pequenos momentos, aqueles que verdadeiramente importan: a maxia de contar un conto e desfrutar das ocorrencias dos máis pequenos, de ver xuntos unha película, observar as estrelas, bailar, escoitar música... sentir...e ver nas súas miradas a ilusión e fantasía que nos dá forzas para poder volver a abrazarnos moi pronto!
Grazas e máis grazas de parte de todos e todas, que contaxiados desa ilusión vos deixamos este agasallo.
FESTA RACHADA!
Aqui vos deixo imaxes de cando botamos as nosas cartas a Papa Noel e aos Reis Magos, pois fomos moi boiños e algún agasallo seguro que nos traen😊
Ademais o noso planeta terra cumpre 2021 anos e fixemos as prebadaladas emitidas polo Tarabelo nas ondas; que ricas estaban as 12 uvas especiais e os churriños con chocolate!