12/2/21






QUE GUAPOS E QUE GUAPAS VIÑEMOS! Este día podemos ser chase, mickey, superman, magos... pero realmente os nenos poden selo calquera día, porque unha vez máis ensínannos  que a ilusión, os soños e a fantasía  forman parte do seu ser. 
















Ademais tocamos os nosos tambores. Mirade que chulos nos quedaron!! 
Con eles acompañamos a banda sonora da "chirigota" que podedes escoitar  PICANDO AQUI.








E xogamos ao bingo do Entroido!



 

Graciñas a inteletandoenmiaula por compartir.



AQUI PODEDES VER MÁIS FOTIÑOS DESTE  DÍA😊

11/2/21



E para celebrar o día do amor e da amizade, esta fermosa árbore chea de corazóns!  Están feitos coas nosas mans e pés e outros cunhas pegatinas moi chulas que nos trouxo a profe María de AL e que fixemos con ela.

Cada corazón dos nosos nenos e nenas fai que as nosas raÍces como mestres medren cada día. É tan forte o seu cariño que sempre deixa pegada.



Cando queremos moito a alguén intentamos expresalo, pero como amosa esta marabillosa historia de amor non é algo sinxelo medilo.

PICADE NA IMAXE PARA ESCOITAR O CONTO 
















Cumprindo os mandadiños do Meco😊







Aqui nos tedes coas nosas máscaras e adornos.  







 

8/2/21


 ENTROIDO LARAFUZÁN , COMÉCHESME A CARNE E DEIXÁCHESME O PAN



Xa nos puxemos mans a obra co entroido. 

Mirade que  fondo máis bonito nos quedou para  sacar as fotiños do  venres. 











E aqui vos deixo un conto que fala de inclusión, igualdade e libre elección dos disfraces; "Ricitos de oso". Podedes ir facendo as actividades cos peques despois de contalo.