25/12/20

 UN DÍA ESPECIAL


Feliz aniversario Carol!  Desexamos que sigas sendo así de alegre, con esa personalidade propia que te caracteriza, entusiasta e valente. 











23/12/20





Bo nadal a todos e todas!!  Coidádevos e desfrutade moito dos pequenos momentos, aqueles que verdadeiramente importan: a maxia de contar un conto e desfrutar das ocorrencias dos máis pequenos, de ver xuntos unha película, observar as estrelas, bailar, escoitar música... sentir...e ver nas súas miradas a ilusión e fantasía  que nos dá forzas para poder volver a abrazarnos moi pronto! 

Grazas  e máis grazas  de parte de todos e todas, que contaxiados desa ilusión vos deixamos este agasallo.
















 FESTA RACHADA!


Aqui vos deixo imaxes  de cando botamos as nosas cartas a Papa Noel e aos Reis Magos, pois fomos moi boiños e algún agasallo seguro que nos traen😊 

Ademais  o noso planeta terra cumpre 2021 anos e fixemos as   prebadaladas emitidas polo Tarabelo nas ondas; que ricas estaban as 12 uvas especiais e os churriños con chocolate!





























22/12/20




BOLAS DE NADAL




Aqui tedes as manualidades que fixemos cos CDs; unha boliña é para deixar no cole, e outra para levar para á casa.
Nas dúas puxemos moita ilusión, palabra que especialmente nos acompañou nos sorrisos dos nenos, nas súas ganas por aprender, por descubrir, por regalarnos momentos marabillosos cada día. 












 QUE NUNCA FALTE A ILUSIÓN!