17/10/20

  BOSQUE DOS TRASNOS


Todos levamos dentro a un elfo ou a unha elfa, fadas e  trasnos que buscan tesouros do outono... pero se vedes setas vermellas con puntiños brancos... ESAS NON AS COLLADES! Pois aí viven os TRASNOs! Son moi venenosas e chámanse AMANITAS como unha bruxa da illa. 





Imos ir descubrindo esta Illa máxica, e comezamos cunha carta que nos trae a  profe Espe  de parte de  Madame Dragonfly, a mestra do cole de Illa Fantasía. 








Embarcámonos nesta  aventura axudando a Odonata a atopar tesouros no bosque dos trasnos e comezamos a  busca cunha árbore moi lonxeva e apreciada polos seus froitos, o castiñeiro.

Manipulamos as follas, trazamos a súa forma, facemos estampados, un caracol...















13/10/20

ARTISTAS




Como dixo Picasso, todos e todas somos artistas, só precisamos que nos deixen ser libres, crear sen patróns nin estereotipos e que protexan a nosa espontaneidade.  

É realmente marabilloso o que poden crear! Déixovos unha mostra no recanto dos artistas.
















11/10/20

 XOGANDO COS NOMES


Que mellor que facelo así para aprender os nosos nomes significativamente e divertíndonos! 

Nós xogamos no recanto TIC, agora podedes facelo cos vosos nenos na casa. Deíxovos o enlace aqui😊

https://view.genial.ly/5f60739379626a0d71283046/interactive-content-nomes