Dentro do proxecto "Os números da miña vida" hoxe tocou descubriu a talla de zapatos que usamos cada un.
24/2/23
Escultura Jorge Peteiro
No proxecto CreArte que estamos levando a cabo no cole estamos traballando este trimestre as esculturas. Primeiro traballamos a escultora e pintora Yayoi Kusama.
A semana pasada falamos dun escultor da nosa terra Jorge Peteiro xa que ademais de ser galego temos a sorte que na nosa vila podemos contemplar unha das súas obras.
Despois de falar deste artista na clase e visualizar algunhas das súas obras na pantalla da aula fixemos unha saída conxunta cos nenos e nenas de 6º de primaria na que debuxamos a obra deste artista galego.
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Onte celebramos o día de Rosalía de Castro. Para celebrar este día fixemos un mural coa imaxe de Rosalía e con imaxes recollidas en xornais que tivesen que ver con cousas das que escribía Rosalía. Apareceu natureza, preocupacións, medo, tristura, felicidade, orgullo...
ENTROIDO
Así gozamos o día do Entroido no cole. Aproveito para dar as grazas as familias pola súa participación na elaboración dos disfraces, así como no maquillaxe... sen a vosa colaboración sería imposible este resultado final.
.jpg)





