FELICIDADES RENATTA!
Renu, moitas felicidades! Que sigas con eses valores tan fermosos, compartindo e axudando aos demais como fixeches cos teus compañeiros. 😊
GRAZAS.
Quero que sexa a primeira palabra para despedir este curso tan intenso e de grandes aprendizaxes. O xel e a mascarilla acompañáronnos todo este tempo, pero non deixamos de sorrir coa mirada, de xogar, de aprender, de desfrutar de cada momento...
Familias, grazas pola comprensión, pola confianza depositada e por deixarnos ser partícipes da educación dos vosos nenos e nenas.
Compañeiros e compañeiras, foi un pracer aprender de vós e con vós. De todos e cada un levo un fermoso recordo, xa que todos deixades a vosa pegada por onde pasades.
E a vós, os verdadeiros mestres e protagonistas, nenos e nenas... Voade alto, porque podedes chegar ata onde vos propoñades, e se caedes, alzade de novo o voo máis fortes e valentes. Sede libres, sobre todo de pensamento, e respectádevos a vós mesmos e aos compañeiros de viaxe.
Ata sempre!
Non puidemos deixar de investigar a este extraordinario becho , que é unha das especies máis valiosas para a vida; xa que teñen un impacto moi grande na biodiversidade e ecosistemas. Son necesarias e imprescindibles na natureza.
Esta semana celebramos o aniversario de....
ANAIS, a nosa pequena que sempre ten unha aperta e palabras bonitas para todos. Graciñas por todo o teu cariño que cada día nos enche de enerxía.
SARA, unha nena que nos deixou entrar na súa cunchiña para poder ver o marabilloso que é compartir, aprender e disfrutar con ela. Segue abrindo o teu corazón Sariña!
MANU, o noso pequeno de sorriso fermoso, que ilumina todos os días os nosos corazóns.
A TODOS ELES, MOITAS FELICIDADES!