21/11/20




A LIBÉLULA


Esta semana axudamos a Odonata a descubrir curiosidades destes marabillosos insectos que visten de cores os seus esbeltos corpos.
Son seres que existen neste planeta moito antes que a nosa especie,  e que podemos ver en case todo o mundo. Simbolizan o cambio, a adaptación e a importancia de vivir intensamente cada día. 


Fixemos as portadas para o  noso proxecto pintando e picando para poñerlle as ás á libélula. 












Unha libélula con elementos naturais 











E... vimos como as libélulas que pintamos no estanque cobran vida!









 

Chegaron tamén unhas libélulas moi especiais que nos gustaron moito! GRACIAS 😊



15/11/20


HERBARIO OUTONO


Esta árbore danos un froito ben rico que ten moitas propiedades beneficiosas para o corazón e cerebro... SI! É a Nogueira


Fixemos a silueta pinTando cos dediños e pegamos a folla.













 



Tamén realizamos grafismo facendo raias horizontais dun lado ao outro da silueta e puxémoslle á folliña a nosa cariña, mans e pes.












E usamos a cáscara da noz para facer unhas fermosas xoaniñas😊