Levaban días estos nenos e nenas querendo facer algo de origami/papiroflexia que quero un barco como fai o meu irmá, que quero aprender a facer avións e hoxe no tempo de recantos un grupo coa axuda da profe e dun video animáronse a facer un barco de papel...
9/11/22
MARY POPPINS
Hoxe está sendo un día moi especial. E isto é porque recibimos a primeira carta de Illa Fantasía do curso e iniciamos este proxecto anual no que estamos inmersos todo o ciclo de Educación Infantil do cole, xunto con nenos de Mondego.
Coa carta que recibimos descubrimos que este ano imos a traballar a maxia. A personaxe principal que nos fala a carta é Mary Poppins e propóñense 5 retos para todo o curso para convertirnos en magos e magas e poder asistir ao CONGRESO ANUAL DE MAXIA.
O primeiro reto de todos será a construción dunha barita máxica e para iso pediremos axuda as familias e levaremos a cabo un taller para a construcións das nosas baritas máxicas personalizadas.
Segurísimo que todos e todas logramos os 5 retos coa axuda das mestras, das familias e poderemos asistir ao gran Congreso Anual de maxia que se celebrará en... (proximamente...)
8/11/22
Robótica
Este curso estamos iniciándonos no mundo da robótica, xa tivemos o primeiro contacto co Blue bot e tivo moi boa aceptación...
O outono
Aínda que o proxecto no que estamos inmersos é a prehistoria non nos esquecemos no tempo no que estamos e temos un recuncho da aula adicado a estación do outono. A verdade que estos pequenos e pequenas traen tantas cousiñas para o recuncho que queda pequeno. Animais que saen aos nosos bosques en outono feitos coas familias, froitos de outono, follas, manualidades...
Unha das moitas actividades ademáis das composicións libres que fan con estes elementos foi traballar a simetría...
ARCHIMBOLDO
O día do Samaín/Magosto no cole tíñamos unha actividade a nivel centro moi especial, crear os nosos cadros ao estilo Giuseppe Arcimboldo. Para isto os días previos investigamos un pouco a obra deste artista italiano. Falamos do que era un retrato, que significaba o perfil... Observamos distintas obras súas e decidimos facer cos elementos que xa tíñamos no recuncho do outono o noso cadro.
Así tíñamos o material preparado (previamente clasificado polos propios nenos/as)
PINTURAS RUPESTRES
Despois de observar distintas pinturas rupestres, investigar qué empregaban na prehistoria para pintar puxémonos mans a obra e tal como se estivésemos na prehistoria (aínda que por esta vez non tivemos que elaborar as pinturas) Soamente cos nosos dedos e as nosas mans elaboramos as nosas primeiras pinturas rupestres
PREHISTORIA
Os nenos e nenas de 6º de Infantil este curso comezamos un proxecto sobre a Prehistoria. Nun principio centrámonos na arte rupestre xa que todo o cole está inmerso nun proxecto relacionado co arte. Pero ademáis de arte estamos aprendendo animais prehistóricos que foron evolucionando ata outros que coñecemos hoxe en día, tamén estamos descubrindo as etapas da prehistoria e as súas características. Hoxe por exemplo falamos do Paleolítico e despois de investigar e falar desta etapa tivemos que colocar e recortar as súas letras.










