UNICORNIOS DO ARCO DA VELLA
SEGUIMOS CO HERBARIO
Comezamos experimentando coas follas e os seus froitos; logo pintamos cun molde a forma da folla do carballo e ao lado pegamos a folla da árbore.
TRAZO
Mirade que ben o pasamos traballando a grafía e pre-escritura dun xeito sensorial!
Escribir na area proporciónanos unha experiencia multisensorial, onde observamos o trazo, a súa dirección, o son que fai...
Vai tres aniños naceu alguén moi especial na familia Carabias...
Hoxe demos tres voltas ao sol representando os tres anos que pasaron.