27/2/21

 


Aqui vos deixo outra proposta de inverno. Nela traballamos habilidades motoras , posto que picamos un pouqUiño e recortamos. Fixemos trazos traballando a direccionalidade e logo pegamos as distintas partes do boneco recoñecendo  figuras xeométricas: círculo, triángulo e rectángulo. 

Para rematar puxémoslle ollos, botóns, nariz...




Non me poden gustar máis! Cada un é único e diferente, coma os nosos nenos😊💛

24/2/21




ROSALÍA DE CASTRO,   poetisa romántica, nai, muller forte e reivindicadora que deixou pegada na nosa terra e nos nosos corazóns coas  súas verbas , un reflexo dos distintos momentos da súa vida.

Aqui o noso pequeno homenaxe feito con moito cariño para esta gran muller.





23/2/21




 

Hoxe celebramos o aniversario de Junior!!  O noso neno dulce e tenro que está desexando, ao igual que todos, poder amosar esas mostras de afecto moi prontiño. Pero mentras tanto, coma no conto "Ata que podamos abrazarnos" demóstranos sempre que nos quere moito tirándonos bicos.