29/1/21





Paz, un estado de calma e tranquilidade onde non hai confrontacións, liortas, guerras...  Para que isto ocorra temos que sementar amor, bos desexos, amizade, solidariedade; hai que regar e coidar estes valores, os nosos amigos e amigas, a nosa familia, parella ... e ao facelo a paz medrará forte e sá. Medrará como a nosa árbore, a camelia, unha planta que ten unhas flores fermosas cuxo significado se relaciona co amor e coa esperanza. ESPERANZA, un dos valores  que queremos cultivar, que vai acompañar aos nosos nenos no seu aprendizaxe e na súa vida.  Esperanza para poder superar todos os obstáculos que a vida nos vaia poñendo, para non deixar de querer, de aprender, de rir, de soñar que todos e cada un podemos poñer o noso gran de area para facer deste mundo un lugar mellor, onde busquemos a paz con el, co noso  interior e cos demais.





















PREME NA IMAXE PARA VER MÁIS FOTIÑOS DESTE DÍA TAN ESPECIAL






26/1/21

 BUSCANDO A IRIS O CAMALEÓN




Hoxe chegounos unha carta de Madame Dragonfly na que nos pedía axuda, pois desapareceu Iris o camaleón, que é o gardián das emocións, e se non aparece, Rabia, Odio e Ira encherán a illa de escuridade. 

Na illa Fantasía Odonata, os piratas, dragóns e indios búscano por todas partes , pero como non dan con el, Os elfos e elfas máis maoires consultan "O grande libro da illa" protexido na biblioteca da Escola do Unicornio. Este dinos " se un camaleón ti queres atopar , as cores do arco da vella debes coleccionar". Só con cores a escuridade desaparecerá

Necesitamos que busquedes tamén nas casas cousas das cores do arco da vella: vermellas, laranxas, amarelas, verdes, azuis...

Axudádesnos? Podedes mandarme os vosos arcos da vella feitos con debuxos, obxectos reais, fotos...

Nós xa comezamos na escola a investigar sobre as cores. Experimentamos como se forman a partir das primarias.


       











Logo fixemos o noso arco da vella con sal pintada con xices ( tizas) de cores. 







Animádevos na casa a facelo tamén!