16/6/26

MAREA DE MOVEMENTO!

Canta ledicia nas sesións de psicomotricidade do 3º trimestre! Ademais de continuar coas dinámicas das que xa desfrutabamos nos meses anteriores, incorporamos novos xogos: manter o equilibrio cos pés sobre madeira, soster culleres con ovos, saltar cordas... En todas as aulas foron un éxito absoluto!

Ademais, o alumnado de 5 anos, a piques de dar o paso a Educación Primaria, gozou dunha festa final de despedida con temática mariñeira, onde, tras pintar os seus rostros e transformarse en piratas, superaron unha serie de probas para obter o tesouro coa súa recompensa final. Foi verdadeiramente entretido!

Facede clic nas imaxes para acceder aos álbums de fotografías!

Aula de 3 anos:

 


Aula de 4 anos:

 


 

Aula de 5 anos:

 


 

APRENDEMOS A RELACIONARNOS

As sesións de educación en valores do 3º trimestre continuaron afondando no autocoñecemento do mundo emocional do alumnado e na regulación do mesmo, pola enorme importancia que posúe este tema na súa vida cotiá. Posteriormente, interesámonos polas habilidades sociais e o pensamento positivo, intentando obter estratexias útiles á hora de establecer as súas relacións persoais.

Botamos man de contos (O coelliño branco de Xosé Ballesteros, Monstro Rosa de Olga de Dios e Un amigo como tú de Andrea Schomburg e Barbara Röttgen), desfrutando do que nos transmiten con traballos manuais, proxeccións e xogos interactivos.

Facede clic nas imaxes para acceder aos álbums de fotografías!

Aula de 3 anos:
 
 

 

Aula de 4 anos:
 
 

 

Aula de 5 anos:
 
 

 

7/4/26

MOVENDO O ESQUELETO!

Canto desfrutamos, no e no 2º trimestre, das sesións de psicomotricidade no ximnasio! Xogos populares, co paracaídas, circuítos... Tanto facéndoos por quendas coma en gran grupo, a diversión estivo asegurada!

Facede clic nas imaxes para acceder aos álbums de fotografías!

Aula de 3 anos:





Aula de 4 anos:





Aula de 5 anos:



27/3/26

A IMPORTANCIA DA AUTOESTIMA

As sesións de educación en valores do 2º trimestre permitíronnos entender a importancia de coidar a autoestima para o benestar emocional do alumnado, tanto en relación á súa propia persoa coma no que ten que ver coa interacción co resto.

Empregamos contos que traballan este concepto (Orellas de bolboreta de Luisa Aguilar, Malena Ballena de Davide Cali e La joya interior de Anna Llenas), aproximándonos ás súas ensinanzas con traballos manuais de diferentes tipos.

Facede clic nas imaxes para acceder aos álbums de fotografías!

Aula de 3 anos:





Aula de 4 anos:





Aula de 5 anos:



19/12/25

COÑECENDO E REGULANDO AS EMOCIÓNS

O 1º trimestre deste curso foi o momento máis idóneo para traballar o autocoñecemento do mundo emocional do alumnado, así como a regulación do mesmo. Isto axudoulle a obter estratexias que serán moi útiles para todo o seu desenvolvemento integral futuro.

Nas nosas sesións de educación en valores, tomando como referencia varios contos relacionados con estas temáticas (O monstro de cores de Anna Llenas, Así es mi corazón de Jo Witek e Tengo un volcán de Míriam Tirado), fixemos diferentes traballos manuais arredor dos seus contidos. A maiores, iniciámonos en estratexias de atención plena, que nos axudaron a practicar técnicas de relaxación, centrando a atención nas nosas respiracións.

Facede clic nas imaxes para acceder aos álbums de fotografías!

Aula de 3 anos:




Aula de 4 anos:



Aula de 5 anos: