12/3/21






SEMANA DA PRENSA




Para celebrar a semana da prensa estivemos falando dos xornais e do que conteñen. 
Logo manipulámolos, cortanto anaquiños e facendo boliñas para facer unha formiguiña con eles. 










 

11/3/21

 



Esta semana comezamos a investigar xunto con Odonata sobre estes insectos  tan sociais que viven en grandes colonias. 
Tivemos unha sorpresa, xa que temos o noso formigueiro na aula! Estes días non saen moito porque están hibernando , pero prontiño as poderemos ver en movemento en canto veña o calorciño.







8/3/21

 FELIZ DÍA DA MULLER



Feliz día a aquelas que son valentes, ás que se senten débiles en moitos momentos, ás que loitan polos seus soños, ás que aman, ás que rin, ás que choran, ás doutoras, ás pilotos, ás condutoras, ás banqueiras, ás mestras...

  E a cada unha de vós, mamás, avoas, que sodes as  verdadeiras superheroínas, xa que cos vosos poderes calmades choros, consolades corazóns , curades feridas, sacades sorrisos, apoiades soños.... GRAZAS




A música de fondo é a canción do rap de Illa Fantasía coa voz de Espe, a nosa mestra da Illa☺️ 
PREME  AQUI para coñecer as mulleres poderosas da Illa.