28/4/23

CARTA DE ILLA FANTASÍA E VISITA DE MARY POPPINS

 Onte foi un día con moita maxia. Primeiro tivemos carta de Illa fantasía, na que se nos recordaban os obxectos máxicos que xa temos feitos e os que nos faltan. Temos que decorar unha vasoira máxica e facer a capa para o congreso de magos, falta pouco tic tac, tic tac...






ARQUITECTURA

Seguindo o proxecto CRE-ARTE este trimestre estamos coa arquitectura. Falamos da profesión dos arquitectos, aínda que algún como Carol xa sabía en qué consistía o seu traballo.

Estamos un pouco centramos nas pirámides observando que figuras xeométricas atopamos nelas, pero onte fixemos outra actividade en forma de reto.

Tiñan que elixir entre todo o equipo unha estrutura e construila entre todos. Así o fixeron:





25/4/23

EXIPTO

 Hoxe foi a quenda de Uriel.

Trouxo una pirámide que fixo coa a súa avoa. Falounos do símbolo da vida (que xa  nos falara Fins onte) do perro guardian da pirámide e de algúns deuses.

Tamén Ainara trouxo unha fermosa maqueta que fixo coa súa madriña e coa súa tía de Cedeira das pirámides de Giza.

MIL GRACIAS FAMILIAS!!!






LIBRO VIAXEIRO DOS NÚMEROS: Antonella

 Hoxe Anto trouxo o seu traballo dos números. Atopou números no calendario,  nos pesos dos alimentos, nos reloxos, na caducidade...

Próximo en levalo para casa Mathié.



EXIPTO

 E o proxecto de Exipto non se detén, estos nenos non paran.

Onte Fins trouxo á clase unha pirámide co faraón momificado, gato momificada, esculturas de distintos deus...

Foi quen de explicalo de marabilla, gozamos todos moito das súas explicaciones.

Tamén estamos empregando os libros que nos trouxo Fins, Aiden e Xabi para seguir descubrindo Exipto.