4/12/20

 

 


Os nosos investigadores axudaron moito a Odonata e ensináronlle moitas cousiñas sobre a libélula. Aqui os tedes ordenando o seu ciclo de vida. 😊 









3/12/20

 


A maxia do Nadal está  presente sempre nos sorrisos dos nosos nenos, no brillo dos seus ollos e na ilusión e fantasía que os inundan, e agora máis que nunca queremos que isto se transmita  a todos os que nos rodean.

Madame Dragonfly enviounos unha carta mooooi especial que nos vai deparar moitas sorpresas😊. A primeira foi un regaliño que trouxo o espíritu navideño á aula.























Hoxe celebramos o día das persoas con capacidades diferentes, especiais, únicas...  Dos que son superheroes e superheroínas , coma as fadas da Illa Fantasía, posto que fan maxia coas súas mans, coas súas palabras, coa súa forma de superar obstáculos, de conseguir logros...

Unimos os nosos debuxos e mensaxes a través dunha fermosa canción "Un hada diferente" de Jimena Ruiz e Ismael Serrano.
Os nenos de Infantil ilustramos o primeiro parágrafo, e a nós, tocounos expresar a emoción que sentían tódalas fadas do xardín polo novo acontecemento, o nacemento dunha fada moi especial. 
Fixemos unhas estreliñas que aínda se ven ao amencer, brillantes e ledas de recibir ao novo membro.