19/6/23

CRE ARTE ARQUITECTURA

 O 14, 15 de xuño rematamos o proxecto de centro CreArte amosando os últimos traballos realizados por todo o alumnado do centro relacionado coa arquitectura. Además de auténticas construccións os nenos/as diron auténticas explicacións do aprendido. 

Nese recorrido aprendimos cousiñas das 7 maravillas cos nenos e nenas de 1º, faros galegos cos de 3º, a evolución das casas desde a prehistoria ata as casa sostibles do futuro cos de 4º, os castelos cos de 5º e as pontes cos de 6º.

Noraboa a todos/as estes pequenos por todo o traballado.

FOTOS

VIDEOS



FIN DE CICLO

 O venres celebramos no cole o fin de ciclo de Infantil. Para isto fixemos un festival con actuacións dos nenos e nenas de aniños, os de 4 e nós sorprendimos cunha fermosa obra de teatro e unha canción, a Santiago vou. Despois tivemos a entrega de orlas e por últimos bailamos todos xunto/as. Para este acto como era un día moi importante para nós invitamos as familias, así de ben o fixemos e así de ben o pasamos...

FOTOS E VIDEOS



9/6/23

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

 E para rematar o curso fixemos unha excursión de pasar o día. Fomos a granxa O ventoso, alí fixemos pan, vimos os animais que tiñan, montamos en poni, comimos todos e todas xuntos/as, en resume foi un gran día.


FOTOS DA EXCURSIÓN

TEATRO E BAILE

Para rematar o curso estamos preparando unha obra de teatro e un baile. Cada neno e nena elixiu o que quería facer e dentro da obra de teatro chegaron a acordos para os papeis. A verdade é que o fan xa moi ben e esta semana empezamos os decorados entre todos.

FOTOS



REMATANDO EXIPTO

 Estamos rematando o proxecto de Exipto nestes últimos días, e unha das actividades que tiñamos pendentes era a de maquillaxe de faraons.

FOTOS




CONGRESO DE MAXIA

 O venres 2 de xuño celebramos o congreso de maxia, o fin de proxecto de Illa Fantasía  na que recibimos moi emocionados o unicornio co noso nome. Tamén houbo tempo para actuacións, recibir aos personaxes do proxecto, así o pasamos...


FOTOS E VIDEOS DO DÍA




24/5/23

Papiro de Johan

 Os exipcios foron grandes inventores unha das cousas que inventaron foi un papel para plasmar as súas escrituras, o papiro.

Johan trouxo un papiro cunha representación do faraón Tutankamon.



AIDEN E EXIPTO

 Con Aiden aprendimos símbolos de Exipto, algúns xa apareceran anteriormente nos libros que estamos mirando no cole, outros eran novos.






Lenis e o papel maché da mochila viaxeira

 Lenis coa mochila viaxeira tamén fixo manualidades de papel maché como fixeran outros compis. Él fixo unhas fermosas froitas kiwi e sandía, e recordounos a importancia de comer saudable.




SOMBREIRO DE MAGO DE FINS

 Fins trouxo o seu sombreiro de mago que fixo coa a súa nai convertíndose nun simpático trasniño.



ESCARABALLO AZUL

 Sara trouxo un amuleto exipcio chegado do propio Exipto: o escaraballo azul.




TRABALLO DE EXIPTO DE MATHIÉ

 Mathié traballou moito o  fin de semana sobre Exipto co seu irmán. O aprendido plasmaronno nunha cartolina que explicou perfectamente toda a información aos seus compis.


ARQUITECTURA

 Neste trimestre no proxecto CREARTE estamos coa arquitectura, sumado a Exipto que é o proxecto da clase decidimos construir as estruturas dunhas pirámides. A segunda estrutura era unha estrutura libre.



FOTOS DA ACTIVIDADE


3/5/23

Mathié en Belas Artes

 Mathié estivo esta ponte de visita no museo de Belas Artes, no que estivemos este curso de excursión.

Contounos que estivo vendo obras de Picasso e de Velazquez explicounos un pouquiño dalgunha obra.



Exipto

 Hoxe Carol trouxo á aula un álbum de fotos moi especial, o álbum de fotos dos seus avós do seu viaxe a  Exipto. Alí puidemos ver moitas das cousas das que estamos traballando. Pirámides, esfinges, xeroglíficos, templos, esculturas..



LIBRO VIAXEIRO DOS NÚMEROS

 Este libro está viaxando moito, neste caso estivo na casa de Aytanha no que atopou números nun aparato chamado glucómetro, e Aytanah explicounos moi ben o seu uso, código de barras, no transportador do seu irmá...

Próxima en levalo... Valentina.



SOMBREIROS DE MAGOS

Estos magos de 6º de Infantil traballaron moito nos seus sombreiros con axuda das súas familias.

Aquí temos o de Ainara que o fixo coas tías de Cedeira.

O de Johan que o fixo coa súa avoa.


O de Valentina moi colorido que o fixo coa axuda de papi


E por último o de Sara con luces e todo, que o fixo coa súa nai.





28/4/23

CARTA DE ILLA FANTASÍA E VISITA DE MARY POPPINS

 Onte foi un día con moita maxia. Primeiro tivemos carta de Illa fantasía, na que se nos recordaban os obxectos máxicos que xa temos feitos e os que nos faltan. Temos que decorar unha vasoira máxica e facer a capa para o congreso de magos, falta pouco tic tac, tic tac...






ARQUITECTURA

Seguindo o proxecto CRE-ARTE este trimestre estamos coa arquitectura. Falamos da profesión dos arquitectos, aínda que algún como Carol xa sabía en qué consistía o seu traballo.

Estamos un pouco centramos nas pirámides observando que figuras xeométricas atopamos nelas, pero onte fixemos outra actividade en forma de reto.

Tiñan que elixir entre todo o equipo unha estrutura e construila entre todos. Así o fixeron:





25/4/23

EXIPTO

 Hoxe foi a quenda de Uriel.

Trouxo una pirámide que fixo coa a súa avoa. Falounos do símbolo da vida (que xa  nos falara Fins onte) do perro guardian da pirámide e de algúns deuses.

Tamén Ainara trouxo unha fermosa maqueta que fixo coa súa madriña e coa súa tía de Cedeira das pirámides de Giza.

MIL GRACIAS FAMILIAS!!!






LIBRO VIAXEIRO DOS NÚMEROS: Antonella

 Hoxe Anto trouxo o seu traballo dos números. Atopou números no calendario,  nos pesos dos alimentos, nos reloxos, na caducidade...

Próximo en levalo para casa Mathié.



EXIPTO

 E o proxecto de Exipto non se detén, estos nenos non paran.

Onte Fins trouxo á clase unha pirámide co faraón momificado, gato momificada, esculturas de distintos deus...

Foi quen de explicalo de marabilla, gozamos todos moito das súas explicaciones.

Tamén estamos empregando os libros que nos trouxo Fins, Aiden e Xabi para seguir descubrindo Exipto.







21/4/23

SAIDA AFUNDACIÓN ABANCA

 Onte fixemos outra saida, fomos a Coruña a Afundación  Abanca a ver a obra de FEO onde se trataba o tema da diversidade e a inclusión.

FOTOS DA SAIDA


DÍA DE PRAIA

 Esta semana aproveitando o bo tempo fixemos unha saida a praia todo infantil. Somos moi afortunados xa que dando un pequeno paseo podemos realizar esta visita, así a gozaron os nenos e nenas...


FOTOS DA SAIDA

SOMBREIROS DE MAGOS

Lorenzo e Mathié tamén trouxeron os seus sombreiros de magos para o congreso de maxia que se levará a cabo a final de curso.

Mathié incluso con truco de maxia preparado para a ocasión.




18/4/23

LIBRO VIAXEIRO DOS NÚMEROS

 Aiden trouxo moi contento o libro viaxeiro dos números. Atopou números no peso das froitas, nas sinais de tráfico, nos prezos dos xeados...



ROBÓTICA

 Hoxe aproveitando os usos da pantalla nova que nos instalaron a semana pasada fixemos a primeira sesión de iniciación a programación coa aplicación BLUE BOT.