FELICIDADES RENATTA!
Renu, moitas felicidades! Que sigas con eses valores tan fermosos, compartindo e axudando aos demais como fixeches cos teus compañeiros. 😊
GRAZAS.
Quero que sexa a primeira palabra para despedir este curso tan intenso e de grandes aprendizaxes. O xel e a mascarilla acompañáronnos todo este tempo, pero non deixamos de sorrir coa mirada, de xogar, de aprender, de desfrutar de cada momento...
Familias, grazas pola comprensión, pola confianza depositada e por deixarnos ser partícipes da educación dos vosos nenos e nenas.
Compañeiros e compañeiras, foi un pracer aprender de vós e con vós. De todos e cada un levo un fermoso recordo, xa que todos deixades a vosa pegada por onde pasades.
E a vós, os verdadeiros mestres e protagonistas, nenos e nenas... Voade alto, porque podedes chegar ata onde vos propoñades, e se caedes, alzade de novo o voo máis fortes e valentes. Sede libres, sobre todo de pensamento, e respectádevos a vós mesmos e aos compañeiros de viaxe.
Ata sempre!
Non puidemos deixar de investigar a este extraordinario becho , que é unha das especies máis valiosas para a vida; xa que teñen un impacto moi grande na biodiversidade e ecosistemas. Son necesarias e imprescindibles na natureza.
Esta semana celebramos o aniversario de....
ANAIS, a nosa pequena que sempre ten unha aperta e palabras bonitas para todos. Graciñas por todo o teu cariño que cada día nos enche de enerxía.
SARA, unha nena que nos deixou entrar na súa cunchiña para poder ver o marabilloso que é compartir, aprender e disfrutar con ela. Segue abrindo o teu corazón Sariña!
MANU, o noso pequeno de sorriso fermoso, que ilumina todos os días os nosos corazóns.
A TODOS ELES, MOITAS FELICIDADES!
QUEIROA
E aproveitando que nos trouxestes moitas flores , fixemos auga de rosas e caravel. Unha actividade manipulativa onde interviñeron moitos sentidos, pero sobre todo o do olfato. Que olor máis agradable!
Este ano homenaxeamos a Xela Arias, poeta, tradutora, profesora, nai...
Recordando un dos seus poemas, que vos deixo a continuación, fixemos un lagarto con flores, toxos, xestas, pinos, pestalotes...
"El vínculo que te une a tu verdadera familia no es el de la sangre, sino el del respeto y la alegría que tú sientes por las vidas de ellos y ellos por la tuya" Richard Bach
Aqui vos deixo os chaveiros que fixeron os nenos, neles está representado cos seus debuxiños o seu cariño
Déixovos tamén uns contos sobre diversidade familiar. Tedes outro moi fermoso no blogue da profe María.
HOXE E TÓDOLOS DÍAS , FELICIDADES FAMILIAS!
O noso xardín élfico segue en marcha! Esta vez plantamos sementes de xirasol, pirixel e cenoria.
Aínda que xa vimos como é o ciclo dunha planta, non hai mellor xeito de aprender que experimentando😊
Cuéntame y olvido. Enséñame y recuerdo. Involúcrame y aprendo. Benjamin Franklin.
Estes días estivemos descubrindo moitas cousas sobre estes bechos tan queridos polos agricultores por ser uns estupendos insecticidas naturais que coidan das nosas hortalizas e verduras. Ademais son moi atractivos para nós polas súas fermosas cores, puntiños ou formas, pero non tanto para os depredadores...
Se queredes saber máis preguntádelles aos nosos pequenos expertos ou entomólogos. ☺️
Todo se vai enchendo de flores, de luz, saen os bechiños dos seus agochos e a vida flúe por tódolos recunchos!
Tamén é o momento de plantar, e neste caso verduras, así seguro que a melancolía élfica de Odonata se vai curando.
O noso xardín élfico está en marcha!!
No blogue "CON RUMBO" do noso Departamento de Orientación podedes atopar máis información.
FELIZ DÍA DA MULLER
Feliz día a aquelas que son valentes, ás que se senten débiles en moitos momentos, ás que loitan polos seus soños, ás que aman, ás que rin, ás que choran, ás doutoras, ás pilotos, ás condutoras, ás banqueiras, ás mestras...
E a cada unha de vós, mamás, avoas, que sodes as verdadeiras superheroínas, xa que cos vosos poderes calmades choros, consolades corazóns , curades feridas, sacades sorrisos, apoiades soños.... GRAZAS
Aqui vos deixo outra proposta de inverno. Nela traballamos habilidades motoras , posto que picamos un pouqUiño e recortamos. Fixemos trazos traballando a direccionalidade e logo pegamos as distintas partes do boneco recoñecendo figuras xeométricas: círculo, triángulo e rectángulo.
Para rematar puxémoslle ollos, botóns, nariz...
E para celebrar o día do amor e da amizade, esta fermosa árbore chea de corazóns! Están feitos coas nosas mans e pés e outros cunhas pegatinas moi chulas que nos trouxo a profe María de AL e que fixemos con ela.
Cada corazón dos nosos nenos e nenas fai que as nosas raÍces como mestres medren cada día. É tan forte o seu cariño que sempre deixa pegada.
Cando queremos moito a alguén intentamos expresalo, pero como amosa esta marabillosa historia de amor non é algo sinxelo medilo.
PICADE NA IMAXE PARA ESCOITAR O CONTO