martes, 22 de junio de 2021

ATA SEMPRE!

 


GRAZAS. 

Quero que sexa a primeira palabra para despedir este curso tan intenso e de grandes aprendizaxes. O xel e a mascarilla acompañáronnos todo este tempo, pero non deixamos de sorrir coa mirada, de xogar, de aprender, de desfrutar de cada momento...

Familias, grazas pola comprensión, pola confianza depositada e por deixarnos ser partícipes da educación dos vosos nenos e nenas.

Compañeiros e compañeiras, foi un pracer aprender de vós e con vós. De todos e cada un levo un fermoso recordo, xa que todos deixades a vosa pegada por onde pasades. 

E a vós, os verdadeiros mestres e protagonistas, nenos e nenas... Voade alto, porque podedes chegar ata onde vos propoñades, e se caedes, alzade de novo o voo máis fortes e valentes. Sede libres, sobre todo de pensamento, e respectádevos a vós mesmos e aos  compañeiros de viaxe.

Ata sempre! 





Edición: Juan Casado
Música: Magín Blanco


2 comentarios:

  1. Gracias a ti!!!! Tu huella si que es imborrable en muchos de nosotros. Preciosa canción !!!💕

    ResponderEliminar
  2. Gracias y muchas gracias por todo. ❤️❤️❤️❤️❤️

    ResponderEliminar

CRE ARTE ARQUITECTURA

 O 14, 15 de xuño rematamos o proxecto de centro CreArte amosando os últimos traballos realizados por todo o alumnado do centro relacionado ...