16/6/26

MAREA DE MOVEMENTO!

Canta ledicia nas sesións de psicomotricidade do 3º trimestre! Ademais de continuar coas dinámicas das que xa desfrutabamos nos meses anteriores, incorporamos novos xogos: manter o equilibrio cos pés sobre madeira, soster culleres con ovos, saltar cordas... En todas as aulas foron un éxito absoluto!

Ademais, o alumnado de 5 anos, a piques de dar o paso a Educación Primaria, gozou dunha festa final de despedida con temática mariñeira, onde, tras pintar os seus rostros e transformarse en piratas, superaron unha serie de probas para obter o tesouro coa súa recompensa final. Foi verdadeiramente entretido!

Facede clic nas imaxes para acceder aos álbums de fotografías!

Aula de 3 anos:

 


Aula de 4 anos:

 


 

Aula de 5 anos:

 


 

APRENDEMOS A RELACIONARNOS

As sesións de educación en valores do 3º trimestre continuaron afondando no autocoñecemento do mundo emocional do alumnado e na regulación do mesmo, pola enorme importancia que posúe este tema na súa vida cotiá. Posteriormente, interesámonos polas habilidades sociais e o pensamento positivo, intentando obter estratexias útiles á hora de establecer as súas relacións persoais.

Botamos man de contos (O coelliño branco de Xosé Ballesteros, Monstro Rosa de Olga de Dios e Un amigo como tú de Andrea Schomburg e Barbara Röttgen), desfrutando do que nos transmiten con traballos manuais, proxeccións e xogos interactivos.

Facede clic nas imaxes para acceder aos álbums de fotografías!

Aula de 3 anos:
 
 

 

Aula de 4 anos:
 
 

 

Aula de 5 anos:
 
 

 

7/4/26

MOVENDO O ESQUELETO!

Canto desfrutamos, no e no 2º trimestre, das sesións de psicomotricidade no ximnasio! Xogos populares, co paracaídas, circuítos... Tanto facéndoos por quendas coma en gran grupo, a diversión estivo asegurada!

Facede clic nas imaxes para acceder aos álbums de fotografías!

Aula de 3 anos:





Aula de 4 anos:





Aula de 5 anos:



27/3/26

A IMPORTANCIA DA AUTOESTIMA

As sesións de educación en valores do 2º trimestre permitíronnos entender a importancia de coidar a autoestima para o benestar emocional do alumnado, tanto en relación á súa propia persoa coma no que ten que ver coa interacción co resto.

Empregamos contos que traballan este concepto (Orellas de bolboreta de Luisa Aguilar, Malena Ballena de Davide Cali e La joya interior de Anna Llenas), aproximándonos ás súas ensinanzas con traballos manuais de diferentes tipos.

Facede clic nas imaxes para acceder aos álbums de fotografías!

Aula de 3 anos:





Aula de 4 anos:





Aula de 5 anos: