16/6/26

MAREA DE MOVEMENTO!

Canta ledicia nas sesións de psicomotricidade do 3º trimestre! Ademais de continuar coas dinámicas das que xa desfrutabamos nos meses anteriores, incorporamos novos xogos: manter o equilibrio cos pés sobre madeira, soster culleres con ovos, saltar cordas... En todas as aulas foron un éxito absoluto!

Ademais, o alumnado de 5 anos, a piques de dar o paso a Educación Primaria, gozou dunha festa final de despedida con temática mariñeira, onde, tras pintar os seus rostros e transformarse en piratas, superaron unha serie de probas para obter o tesouro coa súa recompensa final. Foi verdadeiramente entretido!

Facede clic nas imaxes para acceder aos álbums de fotografías!

Aula de 3 anos:

 


Aula de 4 anos:

 


 

Aula de 5 anos:

 


 

APRENDEMOS A RELACIONARNOS

As sesións de educación en valores do 3º trimestre continuaron afondando no autocoñecemento do mundo emocional do alumnado e na regulación do mesmo, pola enorme importancia que posúe este tema na súa vida cotiá. Posteriormente, interesámonos polas habilidades sociais e o pensamento positivo, intentando obter estratexias útiles á hora de establecer as súas relacións persoais.

Botamos man de contos (O coelliño branco de Xosé Ballesteros, Monstro Rosa de Olga de Dios e Un amigo como tú de Andrea Schomburg e Barbara Röttgen), desfrutando do que nos transmiten con traballos manuais, proxeccións e xogos interactivos.

Facede clic nas imaxes para acceder aos álbums de fotografías!

Aula de 3 anos:
 
 

 

Aula de 4 anos:
 
 

 

Aula de 5 anos: