domingo, 20 de septiembre de 2020

BENVIDOS A TODOS E TODAS!

 



Embarcámonos nesta viaxe cun novo blogue para os nenos e nenas e as súas familias.

Sen dúbida, atopámonos  nunha das situacións de maior incerteza que nos tocou vivir ao enfrontarnos a algo descoñecido, que afectou á forma de relacionarnos, nos nosos traballos, e en definitiva nas nosas vidas. De todo isto levamos unha aprendizaxe para nós e os nosos nenos, a valoración do tempo e do que realmente importa, das apertas, da unión e traballo en equipo. Deste xeito, comezamos o curso con moitas ganas de seguir emocionándonos, divertíndonos, relacionándonos, colaborando e aprendendo a facer fronte ao mundo de incerteza e continuos cambios no que estamos e estaremos inmersos. Entre todos acompañaremos aos nosos nenos e nenas, axudándoos a medrar nuns valores que lles permitan decidir, elixir libremente, ser independientes, ter sentido crítico e construír un mundo mellor"La educación es el arma más poderosa que puedes usar para cambiar el mundo" Nelson Mandela 

Este curso imos ser Elfos e Elfas, seres de luz, gardiáns da natureza...

Aprenderemos moitas cousas co proxecto de Illa Fantasía  investigando e descubrindo os  bechos que eliximos conxuntamente dun xeito democrático.

O primeiro que coñeceremos, de seguro que vos soa se vos digo que ao pisar a herba no verán salta dun lado para o outro. Si!! non é outro que o saltón. Todo o que teñades en relación co mesmo será ben recibido : fotos, contos , debuxos, quebracabezas...







1 comentario:

CRE ARTE ARQUITECTURA

 O 14, 15 de xuño rematamos o proxecto de centro CreArte amosando os últimos traballos realizados por todo o alumnado do centro relacionado ...