Hoxe celebramos o día das persoas con capacidades diferentes, especiais, únicas... Dos que son superheroes e superheroínas , coma as fadas da Illa Fantasía, posto que fan maxia coas súas mans, coas súas palabras, coa súa forma de superar obstáculos, de conseguir logros...
Unimos os nosos debuxos e mensaxes a través dunha fermosa canción "Un hada diferente" de Jimena Ruiz e Ismael Serrano.
Os nenos de Infantil ilustramos o primeiro parágrafo, e a nós, tocounos expresar a emoción que sentían tódalas fadas do xardín polo novo acontecemento, o nacemento dunha fada moi especial.
Fixemos unhas estreliñas que aínda se ven ao amencer, brillantes e ledas de recibir ao novo membro.

Precioso!!!
ResponderEliminar🙂 graciñas
ResponderEliminar