Temos a sorte de que o carteiro de Sada ofreceunos esta actividade. Escribir unha postal este Nadal, a selarán con él no cole, e él encargarase de que chegue as súas familias.
20/12/22
POSTAIS DE NADAL
Tamé estivemos facendo postais de Nadal libremente cos materiais que tiñamos a nosa disposición, é así de fermosas quedaron.
TALLER DECORACIÓN DE VELAS DE NADAL
Seguindo o tema da luz e de maxia desde Illa Fantasía xurdiu a idea de levar a cabo un taller de decoración de velas que non se poidería levar a cabo sen a axuda das familias, moitas grazas.
7/12/22
Paseo pola vila.
O venres tamén fixemos unha saída pola nosa vila. Nese paseo pola vila fumos lendo carteis de comercios, nomes de rúas, comentando as sinais de tráfico que íamos vendo... e por último acabamos mercando uns churros na churrería.
Este saída fixémola cos nenos e nenas de 5º de Infantil.
Enlace as fotos do paseo:
Día da Discapacidade
Para celebrar o Día da Discapacidade o patio, corredores, ximnasio... do noso cole "apareceu" cheo de obstáculos para levar a cabo unha carreira non competitiva. O obxectivo era axudarse uns a outros, concienciarse ante os obstáculos que se atopan as veces as persoas con algunha discapacidade e poder superar esos obstáculos axudándonos.
Enlaces das fotos e vídeos do día:
25 N
Con motivo da conmemoración do Día contra a Violencia de Xénero saímos todos ao patio a escoitar unha poesía elaborado polo alumnado de sexto, fixemos voar unhas volvoretas como sinal de liberdade e bailamos a canción de "Se acabaron las lágrimas".
TIPI
Mathié trouxo a aula materiais para construir un tipi e puxémonos mans a obra. Primeiro houbo que pensar, probar, volver a pensar... a estrutura deunos bastante traballo, pero coa axuda de todos e todas ao final tiveron o seu tipi.
Agora forma parte dos materiais da prehistoria e cando están nese recanto montan e desmontan o tipi.
22/11/22
ROBÓTICA
Seguimos utilizando o Blue Bot para traballar contidos. Hoxe empregámolo para traballar a identificación dos nomes en minúscula.
PATIO
Hoxe incorporamos no patio 3 bicis e 3 patinetes, 4 en total, e todo un éxito a novidade no patio. A verdade que o tema compartir moi ben no día de hoxe, veremos os próximos días.
16/11/22
Variña máxica
Onte fixemos coas familias o primeiro Reto do curso de Illa Fantasía para poder convertirnos en auténticas magas e magos.
Outros fixérona na casa coas súas familias
E por último hoxe no cole fixemos as que faltaban...
SAÍDA DE OUTONO
Aproveitando o bo tempo do venres saímos a pasear polo paseo observar as árbores nesta estación, merendar ao aire libre e xogar moito...
PINTURAS RUPESTRES
Despois de moita investigación a través de libros, documentais sobre cómo se fixeron a pinturas rupestres na prehistoria, que empregaban para hacer a pintura, os utensilios... traballamos moito e xa temos no pasillo o noso recuncho adicado as pinturas rupestres.
9/11/22
PAPIROFLEXIA
Levaban días estos nenos e nenas querendo facer algo de origami/papiroflexia que quero un barco como fai o meu irmá, que quero aprender a facer avións e hoxe no tempo de recantos un grupo coa axuda da profe e dun video animáronse a facer un barco de papel...
MARY POPPINS
Hoxe está sendo un día moi especial. E isto é porque recibimos a primeira carta de Illa Fantasía do curso e iniciamos este proxecto anual no que estamos inmersos todo o ciclo de Educación Infantil do cole, xunto con nenos de Mondego.
Coa carta que recibimos descubrimos que este ano imos a traballar a maxia. A personaxe principal que nos fala a carta é Mary Poppins e propóñense 5 retos para todo o curso para convertirnos en magos e magas e poder asistir ao CONGRESO ANUAL DE MAXIA.
O primeiro reto de todos será a construción dunha barita máxica e para iso pediremos axuda as familias e levaremos a cabo un taller para a construcións das nosas baritas máxicas personalizadas.
Segurísimo que todos e todas logramos os 5 retos coa axuda das mestras, das familias e poderemos asistir ao gran Congreso Anual de maxia que se celebrará en... (proximamente...)
8/11/22
Robótica
Este curso estamos iniciándonos no mundo da robótica, xa tivemos o primeiro contacto co Blue bot e tivo moi boa aceptación...
O outono
Aínda que o proxecto no que estamos inmersos é a prehistoria non nos esquecemos no tempo no que estamos e temos un recuncho da aula adicado a estación do outono. A verdade que estos pequenos e pequenas traen tantas cousiñas para o recuncho que queda pequeno. Animais que saen aos nosos bosques en outono feitos coas familias, froitos de outono, follas, manualidades...
Unha das moitas actividades ademáis das composicións libres que fan con estes elementos foi traballar a simetría...
ARCHIMBOLDO
O día do Samaín/Magosto no cole tíñamos unha actividade a nivel centro moi especial, crear os nosos cadros ao estilo Giuseppe Arcimboldo. Para isto os días previos investigamos un pouco a obra deste artista italiano. Falamos do que era un retrato, que significaba o perfil... Observamos distintas obras súas e decidimos facer cos elementos que xa tíñamos no recuncho do outono o noso cadro.
Así tíñamos o material preparado (previamente clasificado polos propios nenos/as)
PINTURAS RUPESTRES
Despois de observar distintas pinturas rupestres, investigar qué empregaban na prehistoria para pintar puxémonos mans a obra e tal como se estivésemos na prehistoria (aínda que por esta vez non tivemos que elaborar as pinturas) Soamente cos nosos dedos e as nosas mans elaboramos as nosas primeiras pinturas rupestres
PREHISTORIA
Os nenos e nenas de 6º de Infantil este curso comezamos un proxecto sobre a Prehistoria. Nun principio centrámonos na arte rupestre xa que todo o cole está inmerso nun proxecto relacionado co arte. Pero ademáis de arte estamos aprendendo animais prehistóricos que foron evolucionando ata outros que coñecemos hoxe en día, tamén estamos descubrindo as etapas da prehistoria e as súas características. Hoxe por exemplo falamos do Paleolítico e despois de investigar e falar desta etapa tivemos que colocar e recortar as súas letras.































