8/11/22

ARCHIMBOLDO

 O día do Samaín/Magosto no cole tíñamos unha actividade a nivel centro moi especial, crear os nosos cadros ao estilo Giuseppe Arcimboldo. Para isto os días previos investigamos un pouco a obra deste artista italiano. Falamos do que era un retrato, que significaba o perfil... Observamos distintas obras súas e decidimos facer cos elementos que xa tíñamos no recuncho do outono o  noso cadro.

Así tíñamos o material preparado (previamente clasificado polos propios nenos/as)


Así traballamos en equipo


E este foi o resultado final....



No hay comentarios:

Publicar un comentario