9/11/22

MARY POPPINS

 Hoxe está sendo un día moi especial. E isto é porque recibimos a primeira carta de Illa Fantasía do curso e iniciamos este proxecto anual no que estamos inmersos todo o ciclo de Educación Infantil do cole, xunto con nenos de Mondego.

Coa carta que recibimos descubrimos que este ano imos a traballar a maxia. A personaxe principal  que nos fala a carta é Mary Poppins e propóñense 5 retos para todo o curso para convertirnos en magos e magas e poder asistir ao CONGRESO ANUAL DE MAXIA. 

O primeiro reto de todos será a construción dunha barita máxica e para iso pediremos axuda as familias e levaremos a cabo un taller para a construcións das nosas baritas máxicas personalizadas.

Segurísimo que todos e todas logramos os 5 retos coa axuda das mestras, das familias e poderemos asistir ao gran Congreso Anual de maxia que se celebrará en... (proximamente...)



No hay comentarios:

Publicar un comentario