miércoles, 22 de marzo de 2023

LIBRO VIAXEIRO DOS NÚMEROS

 O libro viaxeiro dos números xa pasou por dúas casas máis pola de Fins e pola de Renatta.

Fins atopou números en Alexa (función reloxo), nas matrículas dos coches, nas camisetas dos xogadores de fútbol, nas casas...

Renatta tiña moitas ganas de levar o libro viaxeiro e aínda que o levou onte, hoxe xa o trouxo cun gran traballo. Previamente estivo buscando números e atopounos en billetes de tren, etiquetas, recetas, tarxetas, citas médicas, na cáscara do ovo... Estivemos falando da utilidade e a información que nos daban os números en cada caso.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

CRE ARTE ARQUITECTURA

 O 14, 15 de xuño rematamos o proxecto de centro CreArte amosando os últimos traballos realizados por todo o alumnado do centro relacionado ...