16/6/26

MAREA DE MOVEMENTO!

Canta ledicia nas sesións de psicomotricidade do 3º trimestre! Ademais de continuar coas dinámicas das que xa desfrutabamos nos meses anteriores, incorporamos novos xogos: manter o equilibrio cos pés sobre madeira, soster culleres con ovos, saltar cordas... En todas as aulas foron un éxito absoluto!

Ademais, o alumnado de 5 anos, a piques de dar o paso a Educación Primaria, gozou dunha festa final de despedida con temática mariñeira, onde, tras pintar os seus rostros e transformarse en piratas, superaron unha serie de probas para obter o tesouro coa súa recompensa final. Foi verdadeiramente entretido!

Facede clic nas imaxes para acceder aos álbums de fotografías!

Aula de 3 anos:

 


Aula de 4 anos:

 


 

Aula de 5 anos:

 


 

APRENDEMOS A RELACIONARNOS

As sesións de educación en valores do 3º trimestre continuaron afondando no autocoñecemento do mundo emocional do alumnado e na regulación do mesmo, pola enorme importancia que posúe este tema na súa vida cotiá. Posteriormente, interesámonos polas habilidades sociais e o pensamento positivo, intentando obter estratexias útiles á hora de establecer as súas relacións persoais.

Botamos man de contos (O coelliño branco de Xosé Ballesteros, Monstro Rosa de Olga de Dios e Un amigo como tú de Andrea Schomburg e Barbara Röttgen), desfrutando do que nos transmiten con traballos manuais, proxeccións e xogos interactivos.

Facede clic nas imaxes para acceder aos álbums de fotografías!

Aula de 3 anos:
 
 

 

Aula de 4 anos:
 
 

 

Aula de 5 anos:
 
 

 

7/4/26

MOVENDO O ESQUELETO!

Canto desfrutamos, no e no 2º trimestre, das sesións de psicomotricidade no ximnasio! Xogos populares, co paracaídas, circuítos... Tanto facéndoos por quendas coma en gran grupo, a diversión estivo asegurada!

Facede clic nas imaxes para acceder aos álbums de fotografías!

Aula de 3 anos:





Aula de 4 anos:





Aula de 5 anos:



27/3/26

A IMPORTANCIA DA AUTOESTIMA

As sesións de educación en valores do 2º trimestre permitíronnos entender a importancia de coidar a autoestima para o benestar emocional do alumnado, tanto en relación á súa propia persoa coma no que ten que ver coa interacción co resto.

Empregamos contos que traballan este concepto (Orellas de bolboreta de Luisa Aguilar, Malena Ballena de Davide Cali e La joya interior de Anna Llenas), aproximándonos ás súas ensinanzas con traballos manuais de diferentes tipos.

Facede clic nas imaxes para acceder aos álbums de fotografías!

Aula de 3 anos:





Aula de 4 anos:





Aula de 5 anos:



19/12/25

COÑECENDO E REGULANDO AS EMOCIÓNS

O 1º trimestre deste curso foi o momento máis idóneo para traballar o autocoñecemento do mundo emocional do alumnado, así como a regulación do mesmo. Isto axudoulle a obter estratexias que serán moi útiles para todo o seu desenvolvemento integral futuro.

Nas nosas sesións de educación en valores, tomando como referencia varios contos relacionados con estas temáticas (O monstro de cores de Anna Llenas, Así es mi corazón de Jo Witek e Tengo un volcán de Míriam Tirado), fixemos diferentes traballos manuais arredor dos seus contidos. A maiores, iniciámonos en estratexias de atención plena, que nos axudaron a practicar técnicas de relaxación, centrando a atención nas nosas respiracións.

Facede clic nas imaxes para acceder aos álbums de fotografías!

Aula de 3 anos:




Aula de 4 anos:



Aula de 5 anos:


19/6/23

CRE ARTE ARQUITECTURA

 O 14, 15 de xuño rematamos o proxecto de centro CreArte amosando os últimos traballos realizados por todo o alumnado do centro relacionado coa arquitectura. Además de auténticas construccións os nenos/as diron auténticas explicacións do aprendido. 

Nese recorrido aprendimos cousiñas das 7 maravillas cos nenos e nenas de 1º, faros galegos cos de 3º, a evolución das casas desde a prehistoria ata as casa sostibles do futuro cos de 4º, os castelos cos de 5º e as pontes cos de 6º.

Noraboa a todos/as estes pequenos por todo o traballado.

FOTOS

VIDEOS



FIN DE CICLO

 O venres celebramos no cole o fin de ciclo de Infantil. Para isto fixemos un festival con actuacións dos nenos e nenas de aniños, os de 4 e nós sorprendimos cunha fermosa obra de teatro e unha canción, a Santiago vou. Despois tivemos a entrega de orlas e por últimos bailamos todos xunto/as. Para este acto como era un día moi importante para nós invitamos as familias, así de ben o fixemos e así de ben o pasamos...

FOTOS E VIDEOS



9/6/23

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

 E para rematar o curso fixemos unha excursión de pasar o día. Fomos a granxa O ventoso, alí fixemos pan, vimos os animais que tiñan, montamos en poni, comimos todos e todas xuntos/as, en resume foi un gran día.


FOTOS DA EXCURSIÓN

TEATRO E BAILE

Para rematar o curso estamos preparando unha obra de teatro e un baile. Cada neno e nena elixiu o que quería facer e dentro da obra de teatro chegaron a acordos para os papeis. A verdade é que o fan xa moi ben e esta semana empezamos os decorados entre todos.

FOTOS



REMATANDO EXIPTO

 Estamos rematando o proxecto de Exipto nestes últimos días, e unha das actividades que tiñamos pendentes era a de maquillaxe de faraons.

FOTOS




CONGRESO DE MAXIA

 O venres 2 de xuño celebramos o congreso de maxia, o fin de proxecto de Illa Fantasía  na que recibimos moi emocionados o unicornio co noso nome. Tamén houbo tempo para actuacións, recibir aos personaxes do proxecto, así o pasamos...


FOTOS E VIDEOS DO DÍA




24/5/23

Papiro de Johan

 Os exipcios foron grandes inventores unha das cousas que inventaron foi un papel para plasmar as súas escrituras, o papiro.

Johan trouxo un papiro cunha representación do faraón Tutankamon.



AIDEN E EXIPTO

 Con Aiden aprendimos símbolos de Exipto, algúns xa apareceran anteriormente nos libros que estamos mirando no cole, outros eran novos.






Lenis e o papel maché da mochila viaxeira

 Lenis coa mochila viaxeira tamén fixo manualidades de papel maché como fixeran outros compis. Él fixo unhas fermosas froitas kiwi e sandía, e recordounos a importancia de comer saudable.




SOMBREIRO DE MAGO DE FINS

 Fins trouxo o seu sombreiro de mago que fixo coa a súa nai convertíndose nun simpático trasniño.



ESCARABALLO AZUL

 Sara trouxo un amuleto exipcio chegado do propio Exipto: o escaraballo azul.




TRABALLO DE EXIPTO DE MATHIÉ

 Mathié traballou moito o  fin de semana sobre Exipto co seu irmán. O aprendido plasmaronno nunha cartolina que explicou perfectamente toda a información aos seus compis.


ARQUITECTURA

 Neste trimestre no proxecto CREARTE estamos coa arquitectura, sumado a Exipto que é o proxecto da clase decidimos construir as estruturas dunhas pirámides. A segunda estrutura era unha estrutura libre.



FOTOS DA ACTIVIDADE


23/5/23

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

 No noso cole hai moito artista, e así o demostraron no festival das letras galegas do cole. Nos actuamos coa canción de TIC TAC de Pablo Díaz.


As nosas fotos:

https://photos.app.goo.gl/ZC5VGKtWs52iS87DA

As do cole:

https://photos.app.goo.gl/71HJyD18yqoV9Lmq8

LIBRO VIAXEIRO DOS NÚMEROS

 E con Kelly rematamos o viaxe do noso libro viaxeiro...moitísimas grazas familias pola vosa participación.