2/2/21




Seguimos facendo arcos da vella para que volva o noso amigo o camaleón Iris. Este grande, fixémolo con distintos materiais experimentando con texturas, temperaturas, formas, cores... 

















Dende as casas tamén estades colaborando e axudando moito para que apareza, así que seguro que pronto o teremos de volta!



29/1/21





Paz, un estado de calma e tranquilidade onde non hai confrontacións, liortas, guerras...  Para que isto ocorra temos que sementar amor, bos desexos, amizade, solidariedade; hai que regar e coidar estes valores, os nosos amigos e amigas, a nosa familia, parella ... e ao facelo a paz medrará forte e sá. Medrará como a nosa árbore, a camelia, unha planta que ten unhas flores fermosas cuxo significado se relaciona co amor e coa esperanza. ESPERANZA, un dos valores  que queremos cultivar, que vai acompañar aos nosos nenos no seu aprendizaxe e na súa vida.  Esperanza para poder superar todos os obstáculos que a vida nos vaia poñendo, para non deixar de querer, de aprender, de rir, de soñar que todos e cada un podemos poñer o noso gran de area para facer deste mundo un lugar mellor, onde busquemos a paz con el, co noso  interior e cos demais.





















PREME NA IMAXE PARA VER MÁIS FOTIÑOS DESTE DÍA TAN ESPECIAL






26/1/21

 BUSCANDO A IRIS O CAMALEÓN




Hoxe chegounos unha carta de Madame Dragonfly na que nos pedía axuda, pois desapareceu Iris o camaleón, que é o gardián das emocións, e se non aparece, Rabia, Odio e Ira encherán a illa de escuridade. 

Na illa Fantasía Odonata, os piratas, dragóns e indios búscano por todas partes , pero como non dan con el, Os elfos e elfas máis maoires consultan "O grande libro da illa" protexido na biblioteca da Escola do Unicornio. Este dinos " se un camaleón ti queres atopar , as cores do arco da vella debes coleccionar". Só con cores a escuridade desaparecerá

Necesitamos que busquedes tamén nas casas cousas das cores do arco da vella: vermellas, laranxas, amarelas, verdes, azuis...

Axudádesnos? Podedes mandarme os vosos arcos da vella feitos con debuxos, obxectos reais, fotos...

Nós xa comezamos na escola a investigar sobre as cores. Experimentamos como se forman a partir das primarias.


       











Logo fixemos o noso arco da vella con sal pintada con xices ( tizas) de cores. 







Animádevos na casa a facelo tamén!





21/1/21

EXPERIMENTANDO


Gustounos tanto facer neve con espuma que probamos unha nova receita. Neste caso empregamos un vaso de bicarbonato e un cuarto (do vaso) de suavizante do pelo; podedes engadir unhas culleradas de auga tamén para facela máis maleable.


Animádevos e enviádeme algunha foto do resultado!








Ademais da neve temos nos recantos máis materiais cos que disfrutamos manipulando 😊





 

19/1/21









Chegou o inverno aquí, e tamén á Illa Fantasía. No bosque dos trasnos todo está cuberto cun manto branco. Como vai tanto frío temos que abrigarnos , nós e o noso amigo o boneco de neve. Irémoslle poñendo máis cousiñas 😉


Estivemos traballando vocabulario a través de xogos, aqui tedes un onde temos que ir poñendolle prendas de roupa e complementos segundo nos indiquen os dados.  Traballamos  vocabulario, cores, lóxica-matemática...







 
Gustounos tanto a nosa ruleta que a imos utilizar moito😊. Neste caso usámola para xogar ao bingo de inverno.