21/1/21

EXPERIMENTANDO


Gustounos tanto facer neve con espuma que probamos unha nova receita. Neste caso empregamos un vaso de bicarbonato e un cuarto (do vaso) de suavizante do pelo; podedes engadir unhas culleradas de auga tamén para facela máis maleable.


Animádevos e enviádeme algunha foto do resultado!








Ademais da neve temos nos recantos máis materiais cos que disfrutamos manipulando 😊





 

19/1/21









Chegou o inverno aquí, e tamén á Illa Fantasía. No bosque dos trasnos todo está cuberto cun manto branco. Como vai tanto frío temos que abrigarnos , nós e o noso amigo o boneco de neve. Irémoslle poñendo máis cousiñas 😉


Estivemos traballando vocabulario a través de xogos, aqui tedes un onde temos que ir poñendolle prendas de roupa e complementos segundo nos indiquen os dados.  Traballamos  vocabulario, cores, lóxica-matemática...







 
Gustounos tanto a nosa ruleta que a imos utilizar moito😊. Neste caso usámola para xogar ao bingo de inverno.






12/1/21

 


FRANCESCO TONUCCI




Os xoguetes , eses compañeiros de aventuras, de risas, de confidencias...  Son claves no desenvolvemento, na interacción, xogo simbólico...; pero sen dúbida o mellor xoguete son as mans e a maxia do xogo que habita nas súas cabeciñas e non nos obxectos. 

Hai xoguetes de nenos e de nenas? Para os nenos non hai diferencia, xa que eles non teñen prexuízos nin estereotipos. Os xoguetes son para todos e para todas! Así o manifestaron neste xogo os nosos nenos. 


Logo xogamos ao bingo asociando as imaxes e traballando vocabulario. Pasámolo moi ben!












11/1/21












Hoxe celebramos o cumple de Lenis , o noso pequeno mago que veu de regaliño para a súa familia case case na noite de Reis. Non podían traer regalo máis especial! 








4/1/21


FELIZ ANIVERSARIO LENIS!




Parabéns Lenis! O noso pequeno mago, ao que lle encanta axudar aos compañeiros e facer aparecer e desaparecer obxectos para facernos rir. Segue facendo maxia coas túas mans, pero tamén coas túas historias e imaxinación.
Moi pronto o celebraremos contigo!