5/5/21

XARDÍN ÉLFICO

 

O noso xardín élfico segue en marcha! Esta vez plantamos sementes de xirasol, pirixel e cenoria.

Aínda que xa vimos como é o ciclo dunha planta, non hai mellor xeito de aprender que experimentando😊

Cuéntame y olvido. Enséñame y recuerdo. Involúcrame y aprendo. Benjamin Franklin.



26/4/21

XOANIÑAS

 


Estes días estivemos descubrindo moitas cousas sobre estes bechos tan queridos polos agricultores por ser uns estupendos insecticidas naturais que coidan das nosas hortalizas e verduras. Ademais son moi atractivos para nós polas súas fermosas cores, puntiños ou formas, pero non tanto para os  depredadores... 

Se queredes saber máis preguntádelles aos nosos pequenos expertos ou entomólogos. ☺️




GRAZAS POLAS VOSAS APORTACIÓNS 😊

22/4/21

XARDÍN ÉLFICO


Todo  se vai enchendo de flores, de luz, saen os bechiños dos seus agochos  e a vida flúe por tódolos recunchos!

Tamén é o momento de plantar, e neste caso verduras, así seguro que a melancolía élfica de Odonata se vai curando. 

O noso xardín élfico está en marcha!!





















12/4/21

FELICIDADES ADRIEL



Hoxe estivemos de celebración! O noso neno paleontólogo, e ao que lle encanta  xogar e descubrir sobre os animais xa deu 4 voltas ao sol! 



9/4/21





FELICIDADES JOHAN!

Hoxe celebramos o cumple do noso pequeno artista Johan, un neno sensible e cariñoso ao que lle encanta debuxar, moldear, crear...
Xa son 4 voltas ao sol!