E foi a quenda de Carolina que estivo a buscar moitos números para o libro viaxeiro. Estos foron os que atopou Carolina. O libro agora levouno Johan, a ver en que está a traballar...
30/3/23
EXPOSICIÓNS ESCULTURAS
Entre hoxe e mañá estamos levando a cabo no cole as exposicións relacionadas coas esculturas do proxecto de centro CreArte. Hoxe a metade da clase foi visitar o noso cole convertido nun auténtico museo coas explicacións que cada grupo vai dando aos visitantes como auténticos guías de museo.
A outra metade da clase quedouse para ser eles os que explicaran os nosos traballos relacionados coas esculturas e fixemos un breve repaso da vida da artista que traballamos Yayoi Kusama.
SEGUNDA VISITA MARY POPPINS
Hoxe tivemos a segunda visita de Mary Poppins. Comprobou quen tiña xa o seu sombreiro de mago feito, fixo algún xogo de azar, xogo con dados, música e baile... Así o pasamos...
22/3/23
LIBRO VIAXEIRO DOS NÚMEROS
O libro viaxeiro dos números xa pasou por dúas casas máis pola de Fins e pola de Renatta.
Fins atopou números en Alexa (función reloxo), nas matrículas dos coches, nas camisetas dos xogadores de fútbol, nas casas...
Renatta tiña moitas ganas de levar o libro viaxeiro e aínda que o levou onte, hoxe xa o trouxo cun gran traballo. Previamente estivo buscando números e atopounos en billetes de tren, etiquetas, recetas, tarxetas, citas médicas, na cáscara do ovo... Estivemos falando da utilidade e a información que nos daban os números en cada caso.
21/3/23
SOMBREIROS DE MAGO
O seguinte reto sobre maxia de Illa Fantasía levárono o venres e algúns peques están tan emocionados con ser magos que xa este fin de semana fixeron o seu sombreiro de magos.
Os primeiros en chegar ao cole para a exposición de sombreiros foron os de Lenis, Renatta e Aiden.







